Os estudos de Enxeñería de Telecomunicación en Galicia nacen en 1985 coa creación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros (ETSE) de Telecomunicación no campus de Vigo, adscrita á USC (Universidade de Santiago de Compostela). Esta titulación só se impartía, nese momento, na Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e na Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), polo que a afluencia de estudantes do noroeste peninsular foi moi numerosa. En 1990, a Xunta de Galicia aproba a segregación das universidades de Vigo e da Coruña e a ETSE de Telecomunicación pasa a depender da Universidade de Vigo.

Ao principio, a titulación compartiu sede coa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, ata que no curso 1990/91 inaugúrase o edificio actual da Escola (EET). Dende esa primeira titulación os estudos foron evolucionando para adaptarse á rápida evolución das tecnoloxías da información e das telecomunciacións e para adaptarse tamén aos novos regulamentos do estudios universitarios.

Na actualidade ofértanse dous graos habilitantes para a profesión de Enxeñeiro/a Técnica de Telecomunicacións (un impartido en galego/castelán e outro en inglés) con catro mencións ou especializacións: telemática, son e imaxe, sistemas de telecomunicación e electrónica.

Adicionalmente, ofértanse catro titulacións de mestrado, sendo o Mestrado en Enxeñaría de Telecomunciación unha titulación habilitante para a profesión de Enxeñeiro/a de Telecomunicación, e un programa de doutoramento.

Nesta páxina podes ver algúns fitos históricos do noso centro, tanto no ámbito da docencia, coma no da investigación ou, simplemente, o día a día da vida en Teleco.

2021
29 de xaneiro

Creada na EET ten por obxectivo fomentar o traballo multidisciplinar en enxeñaría e o uso de enerxías renovables

Saber máis

Co inicio do ano

Proxecto europeo baseado na personalización e planificación intelixente do patrimonio cultural nas rutas de peregrinación de Europa

Saber máis

2020
Setembro

Participan as tres universidades galegas máis a de Porto. Toda a docencia se imparte en inglés

Saber máis

Febreiro

Equipo dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educacional

Saber máis

2019
13 de novembro

Ten por obxectivo potenciar o emprendemento desevolvendo de competencias transversais que melloren a capacitación do estudantado

Saber máis

Maio

O doutoramento, no ámbito da  fotónica integrada, é parte das accións Marie Curie de Redes Europeas de Formación no marco do H2020

Saber máis

14 de abril

É acreditación considerada como a máis prestixiosa que pode obter un título de enxeñaría concedido en Europa

Saber máis

Abril

O equipo de estudantes da Escola presentou unha proposta baseada no uso da realidade virtual como ferramenta educativa

Saber máis

2018
28 de decembro

Facilita as transmisións entre sensores instalados en terra e drones encargados de localizar o lume e delimitar as súas dimensións

Saber máis

18 de decembro

Foi a primeira interuniversitaria de Galicia, cun acordo entre a empresa  R, a UVigo e a Universidade da Coruña

Saber máis

Setembro

O obxectivo do mestrado é dotar á industria de profesionais para afrontar os novos retos

Saber máis

Xaneiro

Ten por obxectivo fortalecer a gobernanza das universidades marroquís a través de ferramentas de control de xestión.

Saber máis

2016
Decembro

Tivo unha importante influencia en dar pulo á formación en ciberseguridade na nosa Escola

Saber máis

Outubro

MarMOOC incluirá unha oferta de cursos masivos en áreas prioritarias para Marrocos: economía e administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, pesca, agricultura e saúde.

Saber máis

Xuño

O catedrático de universidade José J. Pazos Arias segue o ronsel deixado por Fernando Pérez González que foi nomeado académico dous anos antes

Saber máis

Xuño

As persoas que o cursaron saen cunha formación técnica que as habilita como actores esenciais no noso sector e noutras áreas dada a transversalidade do ámbito TIC

Saber máis

Xaneiro

O noso compañeiro foi nomeado Fellow Member, unha distinción que constitúe a máis alta honra que pode acadar unha persoa pertencente ao IEEE

Saber máis

2015
Outubro

Unha celebración festiva do 30 aniversario da Escola e do 25 da primeira promoción

Saber máis

5 de marzo

No ano 2018 foi reelexido ata o 4 de marzo de 2021

Saber máis

2014
27 de outubro

Con case tres millóns de euros de orzamento e a participación de vinte universidades, é un proxecto para a formación en educación superior no ámbito das tecnoloxías verdes

Saber máis

Xullo

Foi o primeiro enxeñeiro de telecomunicación en ingresar na Academia de Ciencias. Dende xaneiro de 2019 forma parte da directiva

Saber máis

Xuño

O Grao comezou a impartirse en setembro de 2010 tras a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior

Saber máis

24 de abril

Feira tecnolóxica para avaliar e dar a coñecer o traballo realizado na materia Laboratorio de Proxectos do Grao (GETT)

Saber máis

2013
18 de novembro

O certificado garante que a EET utiliza mecanismos que facilitan a mellora da calidade das titulacións e os procesos de avaliación externa

Saber máis

Setembro

Unha formación orientada a dar solución a problemas industriais, especializada nas tecnoloxías de modelización matemática e na simulación numérica

Saber máis

Setembro

Implicou a fusión e expansión dos programas de doutoramento en Teoría do Sinal e Comunicacións e Enxeñaría Telemática

Saber máis

Setembro

Programa de mentoría no que o estudantado de cursos avanzados bota unha man ao que acaba de chegar

Saber máis

2012
Outubro

Os obxectivos: Ffavorecer o desenvolvemento económico e social a través da cooperación na educación superior e o I+D+i nas institucións académicas do norte de África e contribuír á mellor gobernabilidade deses países

Saber máis

13 de febreiro

Subíu ao espazo desde a Güiana a bordo do foguete Vega da Axencia Espacial Europea

Saber máis

2011
15 de febreiro

A Escola adopta un nome inclusivo, respecto ás mulleres, e máis representativo da formación académica que xa se impartía

Saber máis

2010
Outubro

Xuntouse o coñecemento e esforzo de máis de 150 persoas investigadoras no ámbito das telecomunicacións e os servicios dixitais

Saber máis

Outubro

Celebrouse debullando os fitos acadados e enumerando os retos presentes e futuros: un novo grao, o novo máster e a creación de dous centros de investigación

Saber máis

Do 5 ao 9 de xullo

Participaron máis de 200 congresistas de todo o mundo

Saber máis

21 e 22 de xuño

Proporcionaban un contacto directo entre persoas con necesidades específicas e especialistas en mitigar barreiras do mundo dixital

Saber máis

2009
Abril

Foi nomeado polo padroado no que están representados o Ministerio de Defensa, a Armada e a Universidade de Vigo

Saber máis

27 de febreiro

Tamén a primeira persoa egresada da EET en dirixir o noso centro

Saber máis

2007
13 de decembro

O centro achega coñecemento en tecnoloxías de telecomunicación a procesos e produtos que desenvolven as empresas

Saber máis

2005
Segunda semana de setembro

Traballouse na protección de datos en internet, nos avances en televisión dixital, no campo de sistemas de redes, e fomentouse o debate sobre métodos docentes

Saber máis

2003
Marzo

Foi director da EET entre 2003 e 2009. Previamente fora subdirector cos directores José Santos e Antonio Pena.

Saber máis

2001
Xaneiro

Organizado por e para o estudantado co apoio da UVigo, as Escolas, os Colexios Oficiais e outras institucións públicas e privadas

Saber máis

2000
1 de outubro

Un novo intento despois dunha iniciativa fracasada no 1997

Saber máis

1998
Septembro

Docampo, catedrático da EET, foi reitor durante dúas lexislaturas, oito anos en total

Saber máis

1996
Finais de maio

Loreto Rodríguez Pardo, hoxe docente do Centro, obtivo o galardón co PFC “Virtual Instrumentation and Schematic Capture Program”

Saber máis

1993
18 de xuño

E o primeiro con toda a súa formación académica na EET

Saber máis

1992
Setembro

É a asociación que agrupa todas as persoas que representan o estudantado na nosa Escola

Saber máis

1991
17 de abril

Era un medio informativo e reivindicativo dos dereitos do estudantado.

Saber máis

1990
Outubro

Antes de ter esta nova sede, a titulación impartíase na Escola de Enxeñaría Industrial

Saber máis

Do 26 ao 28 de setembro

O evento tivo un papel decisivo no posicionamento da Escola como centro de prestixio, podéndose comprobar o potencial investigador da EET 

Saber máis

Setembro

Moitas persoas desta primeira promoción fixo carreira docente e investigadora na UVigo e forman parte actualmente do profesorado da Escola

Saber máis

31 de xullo

Foi o derradeiro título expedido pola USC, xa que desde o 1 de outubro a nova UVigo sería a responsable de facelo

Saber máis

Xullo

Pensado para recintos privados, o prototipo foi patentado internacionalmente, sendo pioneiro no seu ámbito

Saber máis

2 de marzo

Durante o seu mandato comezou o procedemento de oferta, adxudicación e presentación dos TFC

Saber máis

1985
Outubro

Cinco anos de formación co primeiro curso común a todas as enxeñarías. O 2 de novembro impartíuse a primeira clase

Saber máis