Lanzamos o Lume I, cuarto satélite galego

A Soyuz2 despegando co Lume I a bordo

Os tres satélites anteriores tamén os desenvolvemos na Universidade de Vigo. Esta iniciativa forma parte do proxecto Fire-RS integrado no Interreg-SUDOE que conta coa financiación do Fondo Europeo de Desenvolvimento Rexional (FEDER).

O proxecto conta coa colaboración do CNRS (Centre national de la recherche scientifique, France) e a Universidade de Porto co obxectivo de detectar, monitorizar e predecir a evolución de incendios forestais.

Lume I é un pico satélite do tipo CubeSat de clase 2U, o que significa que ten unas dimensiónss de 20x10x10 centímetros e un peso no despegue de 2,1 kg. Foi levado ao espazo no foguete ruso Soyuz-2 desde o cosmódromo siberiano de Vostochny.

O satélite conta cunha radio definida por software, TOTEM, desenvolida na Universidade de Vigo que facilita as transmisións entre sensores instalados en terra e drones encargados de localizar o lume e delimitar as súas dimensións. Actualmente segue operativo na órbita terrestre e o noso compañeiro Fernando Aguado Agelet segue a coordinar os traballos do equipo da UVIGO.