MUniCS, un novo máster centrado na seguridade e a privacidade

O 24 de maio de 2018 presentouse na Escola o Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS), comezando a docencia en setembro dese ano. 

Este mestrado constituíu unha aposta da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña, para dotar o tecido empresarial de profesionais para afrontar os novos retos de seguridade e privacidade aos que se enfronta a industria, os servizos e a cidadanía en xeral.