A Escola obtén a certificación FIDES-AUDIT, sendo pioneira na UVigo

Facendo clic descárgase o certificado en PDF (0,6MB)

O noso centro foi dos primeiros en obter a certificación FIDES-AUDIT da implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) o 18 de novembro de 2013, certificación renovada o 2 de xullo de 2019 por outros seis anos.

Outorgada pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), FIDES AUDIT é un distintivo de calidade que evidencia que a nosa Escola se implica a fondo na xestión da calidade e que está en disposición de facer públicos os seus resultados diante os diferentes grupos de interese en xeral, e diante do estudantado en particular, de acordo cos obxectivos e principios expresados nos Criterios e Directrices de garantía de calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). 

Este certificado garante que a EET dispón e utiliza mecanismos que facilitan tanto a mellora da calidade das súas titulacións como os procesos de avaliación externa que realiza a ACSUG (ciclo de mellora continua). En concreto, o centro dispón de política e obxectivos de calidade e ten implantados procedementos: deseño, revisión periódica e mellora dos programas formativos; garantía da aprendizaxe, ensino e avaliación centradas no estudantado; garantía e mellora da calidade dos recursos humanos; garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos; información pública etc.