Un equipo de estudantes da Escola chega á final da Vodafone Campus Lab

É unha experiencia de aprendizaxe para desenvolver e recoñecer o talento innovador dos estudantes universitarios. É unha iniciativa onde xoves de diferentes disciplinas traballan en equipo para crear solucións a retos de innovación.

Na primeira edición participaron 160 estudantes de 18 universidades de todo España que formaron 23 equipos multidisciplinares dedicados a buscar solucións innovadoras. Un equipo de cinco estudantes da Escola participou pola Universidade de Vigo e presentou unha proposta baseada no uso da realidade virtual como ferramenta educativa, sendo un dos 3 finalistas que puido facer a explicación do seu proxecto na sede de Vodafone en Madrid.

Equipo de 2020

Na edición de 2020, un novo equipo da Universidade de Vigo formado principalmente por estudantes da escola tamén logrou chegar á final, quedando entre os 3 mellores 26 equipos das universidades españolas. A súa proposta Optemis consistía nunha aplicación móbil dirixida a axudar ás persoas con discapacidade visual nos aeroportos. Baseouse no uso de tecnoloxías de xeolocalización en interiores e no procesamento de imaxes. Nesta ocasión, debido a COVID19, a final tivo que celebrarse por videoconferencia.