Fernando Pérez González novo Fellow do IEEE

Fernando Pérez González, profesor da Escola, foi nomeado Fellow Member do IEEE, unha distinción reservada unicamente para as persoas que máis teñan destacado desta asociación e que constitúe a máis alta honra que pode acadar alguén pertencente ao instituto. Esta distinción chégalle a Fernando Pérez tras máis de 20 anos dedicados á investigación aplicada no campo das telecomunicacións, especificamente nas áreas de comunicacións dixitais e seguridade multimedia.

O número de novos Fellows elixidos cada ano non pode superar o 0,1% dos membros da organización, acadando en 2016 os 9500 en todo o mundo, dun total de máis de 420.000 membros de 160 países.

Máis información: