LPRO, Laboratorio de Proxectos, é unha materia obrigatoria do segundo cuadrimestre de 4º curso na que o estudantado aborda proxectos interdisciplinares. Cada equipo –conformado por entre 5 e 7 estudantes e 2 docentes– traballa no deseño e implementación (hardware e software) dun prototipo que dea solución a unha problemática previamente proposta.

No equipo do estudantado deben estar representadas, polo menos, dúas das catro Mencións do Grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e os dous membros do profesorado, deben pertencer a Departamentos diferentes, para enriquecer e facilitar sinerxias entre áreas de traballo.

As problemáticas propostas están normalmente vencelladas a unha empresa ou institución externa coa que o equipo traballa para definir a mellor solución viable. 

Ao final do cuadrimestre, fanse unhas xornadas divultagivas do traballo realizado nas que as persoas asistentes poden interactuar cos prototipos. Ademais, representantes do tecido empresarial galego participan na avaliación dos prototipos para outorgar premios ás mellores propostas.

Queres asistir á xornada de maio de 2024?

Convidamos a todos os centros de ESO, Bacharelato e FP da cidade de Vigo a que nos visiten no Museo Verbum o día 3 de maio de 2024 pola mañá. [Descarga a convocatoria de 2024].

Calquera outra persoa é benvida a partir das 16.00h. no mesmo lugar e o mesmo día.

Achégate e interactúa coas invencións do noso estudantado!!!