A Comisión de Calidade, na sesión celebrada o 4 de decembro de 2025, acordou a validación do Documento CERO do Programa de Desenvolvemento Estratéxico da EET. O devandito documento foi elaborado pola Comisión para a Elaboración do Programa de Desenvolvemento Estratéxico e inclúe a proposta do Plan Operativo do centro como elemento central para a planificación e o despregamento das liñas estratéxicas.
O Documento CERO someteuse a un proceso de exposición pública a través da páxina web institucional durante un período de 15 días, co obxectivo de garantir a participación da comunidade educativa e facilitar a recepción de observacións, propostas de mellora e comentarios técnicos que contribuíron á consolidación do documento.
Unha vez finalizado o proceso de exposición pública, o documento final foi validado na Comisión de Calidade e aprobado pola Xunta de Escola o 18 de febreiro de 2026. Pódese consultar o documento na seguinte ligazón así como o plan operativo de centro.
Contacto
Ana María Cao Paz
Subdirectora de Calidade da EET
teleco.subdir.calidade@uvigo.gal
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Campus Lagoas-Marcosende
36310 – Vigo (Pontevedra)
