Máis da metade da poboación mundial está conectada a Internet. A Rede trouxo máis interdependencia e oportunidades, pero tamén máis vulnerabilidade e inseguridade. A ciberseguridade comprende como disciplina o conxunto de principios, técnicas e regulacións que impiden o uso malicioso dos datos, as máquinas ou a información, isto é, unha das prioridades tecnolóxicas do noso tempo.

O Máster Interuniversitario en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e extensa neste campo, dende os fundamentos ás aplicacións, dende os mecanismos á lexislación, e dende os conceptos aos problemas reais das empresas.

O programa formativo consta de 90 ECTS, divididos en tres semestres; un primeiro ano de materias técnicas e un último semestre dedicado a aspectos legais e de xestión, ás prácticas en empresas e o traballo final de mestrado.

Por que estudar a titulación?

A misión do máster é formar profesionais de alta cualificación en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital. A institución (ISC)2 estima que nos próximos anos haberá máis de 1,5 millóns de postos especialistas neste campo que non poderán ser cubertos. Este é o presente que está a transformar o panorama profesional e este máster permite tanto ás persoas recentemente graduadas no ámbito das TICs, como a profesionais con experiencia, especializarse nesta área. 

O MUniCS é:

  • Un programa de estudos completo, esixente e extenso
  • Proporciona unha formación xeral seguida dunha ampla formación práctica no laboratorio e nas empresas asociadas
  • Proporciona unha orientación ás aplicacións da  ciberseguridad en contornas reais
  • Ofrece oportunidades de colaboración coa industria e de colaboración entre investigación e empresas en diferentes campos
  • Ofrece unha contorna de estudo e traballo aberto á colaboración entre varias disciplinas
  • Proporciona alta cualificación en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital

A quen vai dirixido o máster?

O perfil recomendado para cursar o máster é o de titulado ou titulada de grao ou máster de temática directamente relacionada coas tecnoloxías da información e as comunicacións, preferentemente máster ou grao en enxeñería informática ou máster ou grao en enxeñería de telecomunicación. A titulación facilita a incorporación tanto de recentemente graduados/as como de profesionais do sector con experiencia que desexen focalizar a súa carreira profesional en  ciberseguridade. Neste último caso, facilítase a matrícula a tempo parcial para permitir compatibilizar os estudos do máster coa vida laboral.

Saídas profesionais e académicas

Neste máster realízase formación avanzada, que permite desempeñar tarefas tanto en equipos de seguridade defensiva (“Blue Team”) como nos de seguridade ofensiva (“Red Team”). Abórdanse tamén aspectos xurídicos e de xestión no ámbito da ciberseguridade, que complementan os coñecementos do estudantado. 

A docencia ten unha marcada orientación práctica, orientada á resolución de problemas en contornas aplicadas.

Segundo os estudos de inserción de emprego das persoas egresadas deste mestrado, unha porcentaxe importante traballa en empresas ou administracións públicas que desenvolven a súa actividade en Galicia, onde o mercado das TIC pode considerarse peculiar dentro da realidade económica da comunidade, xa que conta cun número importante de empresas de maior ou menor envergadura no sector de interese.

Tamén existe un número crecente de empresas medianas ou pequenas que proporcionan servizos de asesoramento, auditoría ou xestión das áreas de seguridade de sistemas, equipos e software para outras empresas ou institucións en Galicia, no resto de España ou, mesmo, corporacións estranxeiras, xa que estamos nun ámbito no que a actividade remota non só é posible senón que é moi habitual.

  • Especialistas en deseño e implementación de Sistemas de Xestión de Seguridade da Información.
  • Especialistas en securización de redes e sistemas de telecomunicación.
  • Especialistas en deseño e implementación segura de aplicacións.
  • Especialistas en fortificación de sistemas (seguridade defensiva).
  • Analistas de seguridade corporativa especializados en técnicas ofensiva.
  • Especialistas en seguridade IoT e IIoT.
  • Analistas de malware.
  • Analistas forenses.
  • Auditoría de seguridade.
  • 2MARES
  • ABANCA
  • ALDABA
  • Altia
  • BALIDEA
  • CODISOIL
  • COINSCRAP FINANCE SL.
  • CTAG
  • EDNON
  • Gradiant
  • Forensic & Security S.L.
  • INPROSEC
  • Laboratorio de Informática Forense Europeo (LIFe)
  • MOONOFF
  • NTT DATA
  • OPTARE SOLUTIONS
  • PLEXUS
  • POSSIBLE
  • QBITIA
  • SIA an Indra company
  • SREC. Solutions
  • TARLOGIC
  • TECHNICA- ENGINEERING
  • TESALIA

Contacto

Ana Fernández Vilas
Coordinadora do mestrado
teleco.munics@uvigo.gal

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Campus Lagoas-Marcosende
36310 – Vigo (Pontevedra)