Este día internacional –11 de febreiro–, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2015, pretende conseguir o acceso e participación plena e equitativa de mulleres e nenas no ámbito científico. É un día recordatorio que serve para lembrar que as mulleres temos un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía. 

Co gallo desta celebración, a EET organiza dende hai anos unha xornada de obradoiros relacionados coa programación e a robótica ao amparo da actividade Elas Fan CienTec da UVigo.

Nesta xornada, alumnas de secundaria visitan o noso centro e fan obradoiros dirixidos por alumnas de Enxeñaría de Telecomunicación, coordinadas pola persoa que actúa como enlace de Igualdade no centro. Esta actividade está patrocinada pola Cátedra Indra.

Ademais, docentes e investigadoras da EET  tamén celebran este día con charlas en centros de primaria e secundaria: pequenas exposicións orais divulgativas relacionadas coa participación de mulleres no ámbito científico-tecnolóxico. No ano 2021 fixemos un total de oito actividades deste tipo.

Queres máis información sobre esta xornada?

Contacta con nos!