Celébrase, por primeira vez, o Foro Tecnolóxico de Emprego

As delegacións de estudantes das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrial e Minas da Universidade de Vigo, uníronse para traballar nun proxecto que ten por obxectivo facilitar o achegamento laboral das empresas ás persoas que se titulen no futuro, na UVigo e teñan un perfil técnico. 

Partiron da necesidade de aproximarse ás empresas punteiras no sector tecnolóxico, que naquel momento se encontraban afastadas, non só da Universidade, senón tamén entre elas. Pretendíase reunilas nun único marco, presentando así unha visión global das perspectivas laborais para o sector.

Este evento está organizado por e para o estudantado, gracias ao esforzo e iniciativa dun grupo de estudantes co apoio da Universidade, as Escolas, os Colexios Oficiais e outras institucións públicas e privadas. 

Durante os tres días de Foro, o principal atractivo encóntrase nos stands, onde empresas participantes poden ter unha relación directa co estudantado, recollendo currículums e axilizando así unha posible vía de contratación. Outras vías de contacto son os workshops, onde a realización de diversas actividades permite ver as aptitudes dos participantes ou desenvolver novas competencias. Tamén nas conferencias, onde se realizan presentacións técnicas sobre temas de interese escollidos a través de enquisas polo estudantado .