A titulación ten un marcado perfil técnico e a docencia está orientada cara á aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, sen descoidar uns sólidos fundamentos teóricos e mesmo materias orientadas a perfís de xestión e de desenvolvemento de negocio.

Competencias xerais

  • Ter capacidade de análise e síntese. Ter capacidade para proxectar,  modelar, calcular e deseñar solucións de seguridade de sistemas de información e comunicacións en todos os ámbitos de aplicación.
  • Resolución de problemas. Ter capacidade de resolver, cos coñecementos adquiridos, problemas específicos do ámbito técnico da seguridade da información, as redes ou os sistemas de comunicacións.
  • Capacidade para o razoamento crítico e a avaliación crítica de calquera sistema de protección da información, calquera sistema de seguridade da información, da seguridade das redes e/ou os sistemas de comunicacións.
  • Compromiso ético. Capacidade para deseñar e implantar solucións técnicas e de xestión con criterios éticos de responsabilidade e deontoloxía profesional no ámbito da seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións
  • Ter capacidade para aplicar os coñecementos teóricos na práctica, no marco de infraestruturas, equipamentos e aplicacións concretos, e suxeitos a requisitos de funcionamento específicos.
  • Destreza para investigar. Capacidade para innovar e contribuír ao avance dos principios, as técnicas e os procesos referidos ao seu ámbito profesional, deseñando novos algoritmos, dispositivos, técnicas ou modelos útiles para a protección dos activos dixitais públicos, privados ou comerciais.
  • Coñecer, comprender e aplicar os métodos de  criptografía e criptoanálise, os fundamentos de identidade dixital e os protocolos de comunicacións seguras.
  • Coñecer en profundidade as técnicas de  ciberataque e ciberdefensa.
  • Coñecer a normativa técnica e legal de aplicación en materia de  ciberseguridade, as súas implicacións no deseño de sistemas, no uso de ferramentas de seguridade e na protección da información
  • Comprender e aplicar os métodos e técnicas de  ciberseguridad aplicables aos datos, os equipos informáticos, as redes de comunicacións, as bases de datos, os programas e os servizos de información.
  • Deseñar, implantar e manter un sistema de xestión da seguridade da información utilizando metodoloxías de referencia.
  • Desenvolver e aplicar métodos de investigación forense para a análise de incidentes ou riscos de ciberseguridade.
  • Ter capacidade para realizar a auditoría de seguridade de sistemas e instalacións, a análise de riscos derivados de debilidades de  ciberseguridad e desenvolver o proceso de certificación de sistemas seguros.
  • Ter capacidade para concibir, deseñar, poñer en práctica e manter sistemas de  ciberseguridad.
  • Ter capacidade para elaborar de plans e proxectos de traballo no ámbito da  ciberseguridad, claros, concisos e razoados.
  • Coñecer os fundamentos matemáticos das técnicas criptográficas e comprender a súa evolución e tendencias futuras.
  • Reunir e interpretar datos relevantes dentro da área da seguridade informática e das comunicacións.
  • Coñecer o papel da ciberseguridade no deseño das novas industrias, así como as particularidades, restricións e limitacións que se han de acometer para obter unha infraestrutura industrial segura.
  • Ter capacidade de análise, detección e eliminación de vulnerabilidades, e do  malware susceptible de utilizalas, en sistemas e redes.
  • Ter capacidade para desenvolver un plan de continuidade de negocio seguindo normas e estándares de referencia.
  • Ter capacidade de identificar o valor, tanto económico como doutra índole, da información da institución, os seus procesos críticos e o impacto que produciría a interrupción destes; e, tamén, as necesidades internas e externas que permitirán estar preparados fronte ataques de seguridade. 
  • Ter capacidade para albiscar e enfocar o esforzo de negocio en temáticas relacionadas coa ciberseguridade, e cunha monetización viable. 
  • Ter capacidade de planificar no tempo os períodos de detección de incidentes ou desastres, e a súa recuperación.
  • Interpretar dunha forma adecuada as fontes de información no ámbito do dereito penal informático (leis, xurisprudencia e doutrina) de ámbito nacional e internacional.
  • Saber identificar os perfís de persoal necesarios para unha institución en función das súas características e o seu sector.
  • Coñecemento das empresas orientadas especificamente ao sector de seguridade da nosa contorna.
  • Ter capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  • Ter capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
  • Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  • Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  • Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade.

(Reguladas polo Real Decreto 861/2010).

  • Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  • Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  • Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  • Que os/as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.