
Es docente de tecnoloxía e queres participar nesta iniciativa cos teus estudantes de ESO, Bacharelato ou Formación profesional? Es estudante de ESO, Bacharelato ou Formación profesional e queres experimentar a potencialidade das telecomunicacións? Se é así, estas olimpíadas son o teu.
Que é?
É unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT).
O seu propósito xeral é a promoción da enxeñería de telecomunicación mostrando os campos nos que está presente no noso día a día e como pode mellorar a nosa calidade de vida, en concreto, como impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS. Este ano foi seleccionado o ODS 11: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES.
Participa na Olimpíada!
Podes participar en equipos e máis de forma individual, na seguinte ligazón tes información das modalidades e categorías de competición, ademais dos premios que podes levar ti e máis o teu centro.
Competición clasificatoria en TelecoVigo
Nesta primeira edición de 2023 recibimos 256 inscricións de ESO, Bacharelato e FP, o que supuxo o 39% do total de estudantes en todo o territorio nacional (nas 20 escolas que participaron). O traballo comezou con dúas xornadas formativas. A primeira foi presencial e online e tivo lugar o 7 de marzo na EET, a segunda foi o 26 de abril en formato online para a resolución de dúbidas. Tes máis información da primeira xornada formativa nesta ligazón e máis nesta nova do Faro de Vigo.
Finalmente, o día 26 de maio tivemos a xornada de competición por equipos nas categorías de ESO e FP de forma presencial na EET: 11 equipos e ESO e máis 6 de FP foron seleccionados nos seus centros para competir nesta xornada. Se queres ver os vídeos onde mostran os seus traballos e saber máis sobre os gañadores podes acceder a esta páxina:
Tamén podes acceder ao resume nesta nova.
Varios medios fixeronse eco desta competición e dos seus resultados (El Progreso, Faro de Vigo, Atlántico Diario, Metropolitano e, outra vez, o Faro de Vigo).
Competición nacional
Foron seleccionados para a competición nacional os seguintes equipos:
- Na categoría de ESO (equipos): IES Primeiro de Marzo, CPR Manuel Peleteiro, IES Pastoriza e CPR Dr. López Suarez (Escairón)
- Na categoría de FP (equipos): CIFP A Farixa
- Na categoría de Bacharelato (individual): Xabier Garabato González (CPR Manuel Peleteiro) e Rocío Fernández Álvarez (IES Ribeira do Louro)
Agora mesmo os estudantes e equipos seleccionados están preparándose para a competición nacional que será en formato online.
Tes dúbidas?
Podes resolvelas en:
- Na web nacional das olimpiadas,
- revisando as bases da competición neste enlace,
- ou escríbenos directamente un correo a teleco.olimpiadas@uvigo.es
Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO



