Comeza a impartirse o título Enxeñaría de Telecomunicación

En outubro de 1985 comeza a docencia do título Enxeñaría de Telecomunicación, unha formación de cinco anos na que o primeiro curso tiña contidos comúns a todas as enxeñarías. A titulación dependía da Universidade de Santiago de Compostela, que aínda non se escindira no actual Sistema Universitario de Galicia. A formación impartíase na actual Escola de Enxeñaría Industrial. A primeira clase foi o día 2 de novembro.

Esta titulación foi a terceira en ser implantada en España, despois das titulacións da Universidad Politécnica de Madrid e da Universitat Politècnica de Catalunya.

Naquela época aínda non tiñamos o actual edificio, polo que a docencia estaba establecida no edificio da Escola de Enxeñaría Industrial.