Enténdese por «recoñecemento de créditos» a aceptación por unha universidade dos créditos ECTS que, sendo obtidos no ensino oficial, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Tamén pode obterse recoñecemento de créditos ECTS pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, por coñecemento de idiomas, por estudos non universitarios, por títulos propios e por experiencia laboral e profesional.

Na EET tamén podes recoñecer créditos optativos pola túa participación en actividades formativas transversais dentro do noso programa orientaTE.

No Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación, ao amparo do RD 1393/2007 (texto consolidado do 3 de xuño de 2016),  poden recoñecerse un máximo de 6 créditos optativos por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, e un máximo de 6 créditos por formación en idiomas.

Para o recoñecemento de créditos optativos por formación de idiomas é necesario que a formación se realice ao longo da permanencia do estudante na universidade e que estea impartida por:

  • Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.  
  • Centro de Linguas da Universidade de Vigo.  
  • Centro de linguas universitario acreditado pola Confederación Europea de Centros de Linguas de Ensino Superior (CERCLES). 
  • Escola oficial de idiomas ou centro oficial equivalente noutro país. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación en que pretenda recoñecer, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade con indicación das horas do curso.

Para o recoñecemento de créditos optativos por actividades universitarias, consulta o noso programa orientaTE, onde a túa participación en actividades formativas transversais da EET ten recoñecemento.

Tes máis información sobre a normativa de recoñecementos e sobre os procedementos da Universidade de Vigo na seguinte ligazón (apartado “Recoñecemento de créditos”, pestana “Por actividades universitarias”):

Algunhas normativas importantes:

Por ciclos superiores (FP):

Se vés dun ciclo de grao superior, podes consultar na páxina de validacións da Xunta de Galicia o catálogo de créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados e tituladas en formación profesional de grao superior:

 Validacións ciclos superiores de FP e estudos universitarios 

Tes que solicitar o recoñecemento de créditos para o GETT na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. 

Tes máis información sobre a normativa de recoñecementos e sobre os procedementos da Universidade de Vigo na seguinte ligazón (apartado “recoñecemento de créditos”, pestana “Por ciclos superiores (FP)”):

Recoñecemento de materias entre distintas titulacións oficiais.
Por experiencia laboral e profesional e por títulos propios.
Por prácticas externas extracurriculares

Sempre que a titulación de orixe pertenza á mesma rama de coñecemento que Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (Enxeñaría), serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total de créditos do título (36 ECTS), correspondentes a materias de formación básica da rama. 

O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos adquiridos, ben noutras materias ou ensinanzas cursadas polo estudante ou ben asociados a unha previa experiencia profesional e os previstos no plan de estudios ao que teñan carácter transversal.

En ningún caso, se poderá recoñecer a materia correspondente ao Traballo de Fin de Grao (TFG) 

Tes máis información sobre a normativa de recoñecementos e sobre os procedementos da Universidade de Vigo na seguinte ligazón (apartado “recoñecemento de créditos”, pestana “Entre nos mesmos graos das universidades do SUG”):

Adaptación ao Grao dende titulacións LRU 

O estudantado que, comezando os seus estudos nalgunha das titulacións impartidas na EET que se extinguiron coa entrada no Espazo Europeo de Educación Superior, decidan solicitar a súa incorporación á nova titulación, verán recoñecido o seu labor nas titulacións anteriores segundo o procedemento de recoñecemento que se mostra documento ligado desde o botón de abaixo.

Adaptación curricular de Enxeñería Técnica de Telecomunicación a Grao

Un/a estudante que accede ao Grao por esta vía só tería que cursar o cuarto curso académico para obter o título de Grao. Os módulos que tería que cursar un alumno deste perfil serían 30 ECTS dos módulos de Optatividade, Proxectos en Enxeñería (18 ECTS) e Traballo Fin de Grao (12 ECTS). A experiencia profesional tras o seu egreso como enxeñeira ou enxeñeiro técnico de telecomunicación poderá validarse por parte dous módulos de Optatividade, na proporción que aprobe a Comisión Académica.