O BTTE oferta os mesmos contidos e a mesma estrutura que o Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) con pequenas diferencias.

Apenas difiren nas seguintes cuestións:

  • no idioma de impartición, que é maioritariamente o inglés (máis do 80% das materias obrigatorias)
  • no número de estudantes que poden entrar cada curso académico (20 máximo), polo tanto, a docencia impártese en grupos pequenos, sendo así case persoalizada
  • que no teu certificado de estudos figurará o inglés como idioma de impartición naquelas materias onde se usa

É importante que teñas en conta que as seguintes materias hai que cursalas en inglés:

  • 7 das 10 materias de 1º curso
  • As 10 materias do 2º curso
  • todas as materias do segundo cuadrimestre do 4º curso 

Ademais, e dependendo da optatividade que elixas,:

  • terás a posibilidade de cursar as 5 materias (todas) do primeiro cuadrimestre de 4º curso
  • e 3 materias de 3º curso

Máis información sobre o BTTE

Podes atopar nas seguintes ligazóns outra información formal sobre os estudos.

Tamén cremos que é de interese que deas un repaso á sección BeTeleco!

Neste vídeo tes unha boa panorámica da nosa Escola: