Os grupos de investigación son estruturas básicas de desenvolvemento da actividade investigadora. Son o resultado da agrupación libre e voluntaria de persoas investigadoras que levan adiante –por razón de coincidencia de obxectivos, infraestruturas e recursos compartidos– dun xeito coordinado e habitual tarefas de investigación nun número reducido de líñas comúns, afines ou complementarias.

Os grupos teñen compromiso de estabilidade, consolidación, traballo conxunto e capacidade financeira sostible. Colaboración que pode frutificar nun mellor tratamento e nun maior rendemento de traballos de carácter científico ou técnico.

Actualmente na Escola de Enxeñaría de Telcomunicación existen uns vinte grupos de investigación que traballan en ámbitos e áreas diversas:

Área das Tecnoloxías de Telecomunicación

Sector de Comunicacións e sistemas

  • Radar e teledetección
  • Comunicacións satélite e radio
  • Sistemas aeroespaciais e de defensa
  • Fotónica e comunicacións ópticas
  • Redes de datos

Sector de Servizos dixitais

  • Saúde dixital
  • Educación dixital
  • Servizos electrónicos intelixentes
  • Tecnoloxías multimedia
  • Xestión de datos (redes de datos)
  • Solucións para Internet das Cousas (IoT)
  • Análisis de sinais biomédicas

Sector de Ciberseguridade

  • Seguridade multimedia
  • Privacidade
  • Criptografía e comunicacións cuánticas

Área de Tecnoloxía electrónica

  • Electrónica de potencia
  • Energías renovables
  • Sensores electroacústicos
  • Sistemas de control industrial
  • Almacenamiento energético basado en ultracondensadores

Área de Matemática aplicada

  • Ecuacións diferenciais e simluación numérica
  • Simulación e control
  • Aprendizaxe máquina e solucións federadas

Área de Novos materiais

  • Biomateriais e biomedicina
  • Semiconductores e proc de superficies
  • Materiais ópticos quirais