O noso compañeiro José J. Pazos Arias novo académico da Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático de universidade José J. Pazos Arias ingresa na Real Academia Galega de Ciencias, na que ingresara dous anos atrás Fernando Pérez González.

Segundo as súas palabras, “Persoalmente, síntome moi honrado de que unha institución do prestixio da RAGC recoñecese a miña traxectoria académica e investigadora no ámbito das TICs, nomeándome Académico Numerario da Sección de Ciencias Técnicas. Enténdoo tamén como un recoñecemento cara a todas as persoas coas que traballei ao longo de toda a miña vida académica e cara ao bo facer da EE de Telecomunicación da Universidade de Vigo nas súas actividades de investigación e transferencia. Pertencer á Academia abre para min unha posibilidade de contribuír á promoción da ciencia e a tecnoloxía, a través da difusión da cultura e dos valores científicos, como a mellor forma de potenciar o desenvolvemento social e económico de Galicia.”