Na EET ofertamos unha docencia aplicada e práctica, polo que dispoñemos dun amplo conxunto de instalacións para laboratorios e equipamento específico a disposición do estudantado para facer os seu proxectos académicos.

Nesta páxina, podes ver unha mostra dos nosos espazos docentes oganizados nas seguintes categorías: laboratorios informáticos, laboratorios instrumentais, laboratorios singulares, equipamento para traballos prácticos.

Estas salas, conxuntamente coas aulas, están nos dous edificios contiguos e comunicados que conforman a EET. Nesta mesma páxina, podes ver ambos edificios, ademais de salas de reunións e outros espazos comúns e de paso.

Galerías de espazos e recursos da Escola


Laboratorios instrumentais

Na EET temos 9 laboratorios específicos para realizar prácticas electrónica analóxica, electrónica dixital, proxectos relacionados coa ciberseguridade, propagación do sinal, deseño microelectrónico e análisis de circuitos. Nestas instalacións, o estudantando ten á súa disposición equipamento novedoso (SE PODRÍA PONER AQUÍ UN ENLACE A LA PARTE DE EQUIPAMIENTO DE LABORATORIO?) que poden usar de forma individual ou en grupos pequenos de dúas persoas na súa maioría, para garantir unha boa formación práctica e facilitar a experimentación.


Laboratorios informáticos

Dispoñemos de 14 laboratorios informáticos totalmente equipados e preparados para realizar proxectos de computación, comunicacións e provisión de servicios de Internet. No curso 2020/21 lanzouse o proxecto piloto BYOD (Bring Your Own Device) para facilitar o traballo do estudantado usando os seus propios ordenadores en combinación cos que ofrecemos na Escola.


Laboratorios Singulares

Dispoñemos, ademais, de tres salas anecoicas para o estudo da propagación e reflexión das ondas acústicas e electromagnéticas. Unha cámara anecoica está especialmente deseñada para absorber as reflexións producidas por ondas acústicas ou ondas electrómagnéticas en todas as súas superficies (pareces, chan e teito). Ademais, as salas deben estar illadas do exterior para evitar as interferencias de calquera fonde externa.

Nestas salas temos un entorno controlado propicio para analizar e calibrar fontes sonoras e antenas, medindo a súa potencia ou a súa directividade, por exemplo.

Para o caso do estudo das sinais acústicas, temos unha sala semi-anecoica (todas as pareces menos o chan acondicionados con tecnoloxía Metadyne: cuñas irrompibles, duradeiras e ignífugas de elevada absorción que garanten condicións de campo libre dende 100Hz ata 20kHz). É unha sala de gran volume cun espazo específico para o control e reproducción surround 5.1 en alta calidade. Foi deseñada polo consultor acústico Philip Newell seguindo o paradigma “non environment” baseado na alta absorción en paredes laterais, traseira e teito.

Para o caso de estudo de ondas electromagnéticas, na EET hai dúas cámaras anecoicas de gran volume. Unha de 9x9x7 metros deseñada para operar ata 40 GHz cun sistema de rango esférico co que se poden obter diagramas de radiación completos de antenas, caracterización de ROE e determinación de ganancia. Grazas ao seu deseño existe a posibilidade de incrementar a frecuencia máxima de traballo e realizar medidas de antenas ata 50Ghz. Outra de 8,08×1,85×2,03m para realización de medidas de frecuencias maiores de 1GHz e, finalmente, tamén contamos cunha cámara anecoica compacta de dimensións 1,67×0,65×0,65m para medidas a frecuencias superiores a 21 GHz.


Aulas e Biblioteca

Temos 16 aulas de diferentes capacidades para impartir docencia das titulacións do centro, ubicadas maioritariamente no edificio novo ou “aulario”. Todas elas están dotadas con equipamento audiovisual para facilitar a docencia mixta (presencial e online) para aquelas materias e para circunstancias especiais.

Para aquelas materias onde se fomenta o traballo en equipo, orientadas á aplicación de Design Thinking ou onde se precisa un entorno menos formal e máis dinámico, temos unha aula especial denominada “pensadoiro”.

A biblioteca está dotada de 9 salas de reunións que poden ser reservadas polo estudantado para poder traballar en equipo nos seu proxectos. Por suposto, a biblioteca está dotada de bibliografía actualizada para o traballo docente e investigador do centro.

.


Equipamento de Laboratorios

Para garantir que o estudantando poida manipular e traballar nos laboratorios co máis novedoso equipamento, actualizámolo con frecuencia e dotamos as nosas salas cos elementos suficientes para que se poida traballar de forma individual ou en equipos reducidos (normalmente de dúas persoas).

Dado que abordamos diferentes tecnoloxías, temos equipamento variado: drons, vehículos autónomos terrestres, nodos e conmutadores de última xeración, analizadores de redes, xeradores de sinal, tarxetas e placas electrónicas para desenvolver diferentes proxectos, antenas portátiles, osciloscopios etc.


Espazos de paso da Escola

Dispoñemos de áreas amplas e puntos de encontro na entrada do edificio principal e máis nos corredores. Estes espazos están dotados de mesas, cadeiras e sofás para permitir o descanso ao longo das xornadas de traballo. Ambos edificios constan de amplos ventanais para disfrutar da luz e da natureza da nosa contorna.


Salas de reunións

Na EET temos un gran Salón de Actos, con capacidade para 300 persoas, onde facemos as celebracións e eventos da Escola, aínda que temos unha sala específica (Salón de Graos) máis acolledora (100 persoas de capacidade) especialmente orientada para eventos docentes. Adicionalmente, temos outros espazos de reunións para facilitar o traballo docente e investigador. Todas as salas constan de equipos audiovisuais axeitados para permitir reunións híbridas para facilitar a interacción entre público, persoas presentes e persoas conectadas de forma remota.


Edificios da EET

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación consta de dous edificios, contiguos e conectados, nos que se imparten as titulacións que ofertamos. No edificio más antigo é onde temos a maioría dos laboratorios docentes, das salas de reunións, dos despachos de docentes e dos espazos de investigación. Ao edificio máis novo, coñecido tamén como “o aulario”, pódese acceder a través dunha pasarela elevada. Neste último ubícanse a maioría das aulas docentes, algúns laboratorios instrumentáis e as cámaras anecoicas. Ambos edificios están rodeados de natureza, ben comunicados e con amplas zonas de aparcadoiro.