Primeira edición dos LPRO Days

Os LPRO Days son unha feira tecnolóxica na que se avalía e se dá coñecer o traballo realizado na materia Laboratorio de Proxectos do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) que se imparte desde o curso 2013/2014 (na primeira promoción do GETT). Dita materia baséase no traballo en equipos que integran estudantes e docentes de diferentes especialidades e, como tal, permite desenvolver un gran número de capacidades transversais.

Podemos atopar algo máis de información nas páxinas do DUVI que seguen recollendo unha nova sobre a segunda edición, en abril de 2015. Cada mes de abril este diario universitario faise eco da súa celebración.

Os LPRO Days convertéronse, a día de hoxe, nun dos eventos con máis participación e de maior interese para todos os colectivos da Escola. Estas xornadas axudan, sen dúbida, a visibilizar a potencialidade dos estudios ofertados polo centro.