A realización de prácticas en empresas permite ao estudantado achergarse ao tecido empresarial e ao mundo da produción. Tamén axuda ás empresas a dar a coñecer a súa actividade e a súa forma de traballar.

As prácticas poden ser curriculares ou extra-curriculares. As curriculares son unha materia (obrigatoria ou optativa) que as persoas matriculadas deben cursar e, que forman parte do plan de estudos. As prácticas extra-curriculares realízanse de xeito voluntario polo estudantado e non forman parte do plan de estudos. 

Actualmente na EET temos unha ampla oferta de prácticas en empresas para todas as titulacións do centro. Podes consultala aquí:

Como pode unha empresa ofertar prácticas?

Para acoller estudantes en prácticas, as empresas e institucións deben ter asinado previamente un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo no que se establecen as condicións en que se desenvolverán estas, así como os deberes e obrigas das partes.

Se unha empresa ou institución está interesada en colaborar coa EET ofertando prácticas externas (tanto curriculares como extra-curriculares), o camiño adecuado é contactar coa Coordinación de Prácticas do noso centro enviando un correo a teleco.practicas@uvigo.es.