Lanzamos o XaTcobeo, o primeiro satélite galego

O foguete Vega no Centro Espacial Europeo da Güiana francesa (Foto: ESA)

Tamén foi o primeiro satélite español baixo o estándar CubeSat. Desenvolvémolo na Universidade de Vigo coa colaboración do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial)

O profesor da Escola Fernando Aguado Agelet, coordinou o traballo que permitiu ao XaTcobeo ser o gañador do programa Fly Your Satellite da Axencia Espacial Europea e ser lanzado ao espazo no voo inaugural do foguete Vega. Este satélite levaba a bordo varios instrumentos para a investigación de comunicacións por satélite e caracterización de radiación na órbita terrestre.