A sinerxía entre as Escolas de Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Telecomunicación e Borgwarner non só diversifica a formación do noso alumnado cara a un perfil profesional de excelencia, senón que consolida unha ponte de transferencia de coñecemento bidireccional. Grazas ao alto compoñente tecnolóxico dos nosos estudos, Borgwarner poderá nutrir as súas áreas estratéxicas con talento novo e solucións innovadoras nadas no corazón das nosas Escolas..
Obxectivos
O plan de actuación da Cátedra deséñase co propósito de alcanzar os seguintes obxectivos estratéxicos:
- Consolidar un programa de formación de excelencia que vincule ao estudantado da EET e a EEI coas liñas de vangarda tecnolóxica de BorgWarner, garantindo unha canteira de profesionais de alta especialización.
- Impulsar a proxección exterior da actividade docente e investigadora de ambos centros, potenciando a transferencia de coñecemento entre a universidade e a industria de automoción.
- Colaborar activamente no Plan de Acción Titorial e no Plan de Mentorización das escolas, apoiando ademais as iniciativas de asociacións estudantís que xeren valor engadido á formación técnica e humana do alumnado.
- Promover accións formativas deseñadas para a actualización constante de competencias, aliñando as capacidades da comunidade universitaria coas demandas competitivas e os retos tecnolóxicos da empresa.
- Organizar xornadas, conferencias e seminarios técnicos que posicionen á Cátedra como un referente de debate e difusión nos ámbitos da enxeñaría propios da mesma.
Actividades 2026
No ano 2026, a cátedra BorgWarner-UVigo promoveu e patrocinou as seguintes actividades:

A Universidade de Vigo e a compañía BorgWarner Emissions Systems Spain puxeron en marcha o 20 de febreiro de 2026 a Cátedra BorWarner-UVigo . Institucionalizouse así a colaboración entre a Escolas de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) e Industrial (EEI) e BorgWarner.
Neste evento, a cátedra BorgWarner-UVigo, que dota un dos premios con 2.000 euros, participou coa intervención de Telmo Calle, director do Centro Técnico Español para Electrónica de BorgWarner.

- Máis información sobre este evento na seguinte ligazón:
A cátedra BorgWarner-UVigo é un dos patrocinadores dos IV Teleco Games
- Máis información sobre o evento de lanzamento na seguinte ligazón:
