DENOMINACIÓN DA TITULACIÓN

Graduado/a en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación pola Universidade de Vigo.

NÚMERO DE CRÉDITOS

240 ECTS

CENTRO RESPONSABLE

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
—————————————————————-
Rúa Maxwell s/n
Campus Lagoas-Marcosende
36310 – Vigo (Pontevedra)
Tfno. 986 812100
—————————————————————-
teleco.asuntosxerais@uvigo.es
http://www.teleco.uvigo.es/

COORDINADOR(A) DA TITULACIÓN

Lucía Costas Pérez
teleco.grao@uvigo.es

DESCRICIÓN DA TITULACIÓN

Centro onde se imparte
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura

Tipo de ensinanza
Presencial

Réxime de estudo
Tempo completo / Tempo parcial (Matrícula)

Duración
4 anos

Prazas de novo ingreso
130 (itinerario en castelán) / 20 (itinerario en inglés) 

Periodicidade da oferta
Anual

Idiomas nos que se imparte
castelán, galego, inglés (10% ECTS de materias optativas en inglés). No itinerario en inglés, cúrsanse nesta lingua ademáis o 80% dos créditos obligatorios. Podes consultar a listaxe de materias onde se usa o inglés como idioma de impartición [PDF, 185KB].

Nº mínimo de créditos de matrícula
48 ECTS / ano T.C. – 24 ECTS / ano T. P.

Profesión regulada para a que capacita
Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación

TIPO DE MATERIACRÉDITOS ECTS
Formación básica (FB)60
Obrigatorias (OB)90
Obrigatorias especialidade (OB-P)48
Optativas (OP)30
Prácticas externas**12
Actividades***6
Traballo Fin de Grao12
Totais240

** Prácticas externas:
Non entran no cómputo de créditos xa que son de carácter optativo.
Consulta máis información sobre as prácticas externas.

*** Actividades:
O estudantado pode obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación ata un máximo de 6 créditos en total, con carácter optativo.
Consultar máis información sobre este recoñecemento.

NOTAS:

Os plans de estudos recóllense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións.

O Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais en España, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Unviersitario de Galicia (ACSUG), respecto dos títulos expedidos en Galicia, a encargada de avaliar os plans de estudos.

Dita memoria coñécese como Memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG.

No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:

  • Alta inicial no RUCT: 12/11/2010
  • Modificacións da titulación: 15/05/2012; 23/03/2015; 31/07/2019

Premendo no botón de abaixo poderás consultar un PDF coa Memoria de Verificación do GETT actualmente vixente (curso 2019/2020).VER A MEMORIA DE VERIFICACIÓN