Curso 0

Que é o Curso 0?

O curso 0 é un pequeno programa voluntario de actividades pensadas para realizarse ao longo dunha semana, individualmente e desde casa antes do comezo do curso.

Cada día proponse unha lectura/actividade dedicada a cada unha das áreas temáticas de primeiro (Matemáticas, Física, Análise de circuítos, Programación).

Son actividades relativamente sinxelas, que tentamos que sexan interesantes e nas que vos indicamos cada día cal é o obxectivo que cremos debedes alcanzar.

En calquera caso, non pretenden ser máis que un adianto de contidos que logo se verán en profundidade durante o resto do curso.

O único que se necesita para seguilas é algo de tempo, vontade e calquera navegador web.