Celébrase na EET a V Edición do simposio español da Unión Científica Internacional de Radio

O Simposium Nacional do Comité Español da URSI (Unión Científica Internacional de Radio) era o principal foro para a diseminación dos traballos de investigación no ámbito de telecomunicación en España. Esta edición foi organizada por docentes da nosa Escola, baixo a coordinación de Antonio Pino García.

Este evento tivo un papel decisivo no posicionamento da Escola como centro de prestixio, podéndose comprobar o potencial investigador da EET, que se foi confirmando e consolidando co paso dos anos. 

O Congreso celebrouse no Centro Cultural de Caixa Vigo (hoxe Teatro Afundación). Houbo unha recepción polas autoridades municipais no Pazo Quiñones de León. A conferencia inaugural “Ondas  milimétricas” foi pronunciada polo profesor David  Olver do Queen Mary College de Londres. Presentáronse 176 comunicacións organizadas en 42 sesións e usáronse ata 5 salas en paralelo para dar cabida a todo o programa. Estudantes que naquela época realizaban os seus proxectos fin de carreira, colaboraron activamente na organización das sesións. Hoxe en día, algunha destas persoas son catedráticas na EET.