Edita de Lorenzo, primeira directora de escola de enxeñaría en Galicia

Edita de Lorenzo Rodríguez foi elixida directora da EET converténdose na primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia e tamén a primeira persoa egresada da EET en dirixir o noso centro, xa que os anteriores directores estudiaron na Universidad Politécnica de Madrid. 

Edita dirixiu o centro ata o 4 de marzo de 2005, despois de ser elixida para unha segunda lexislatura o 1 de marzo de 2012.

Baixo a súa dirección, fíxose a reforma de estudos promovida para á adaptación das titulacións do centro ao novo marco do Espazo Europeo de Educación Superior e conseguiuse a certificación do sistema de garantía de calidade.Tamén, baixo a súa dirección, o centro cambiou de nome, pasando a denominarse Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Edita de Lorenzo e o seu equipo directivo
Recortes de prensa sobre a dirección de Edita de Lorenzo

Unha imaxe do equipo que acompañou a Edita de Lorenzo na dirección da Escola e uns recortes de prensa aos que se pode acceder facendo clic na imaxe.