O "teleco" Domingo Docampo elixido reitor da Universidade de Vigo

Domingo Docampo Amoedo, catedrático da EET foi reitor durante dúas lexislaturas (oito anos en total), cunha reelección en abril do 2002.

Durante o seu mandato entrou en vigor a Ley Orgánica de Universidades (LOU), normativa que xerou un intenso traballo de adaptación da xestión e docencia universitarias. Tamén se lle deu un impulso ao Campus de As Lagoas-Marcosende, cun esforzo especial na construción de edificios e instalacións necesarias para os labores docentes e investigadores.

Algunhas ligazóns a novas nos medios:

El Mundo: Entrevista a Domingo Docampo. 13 de abril de 2005

La Voz de Galicia: “El equipo de Docampo se prepara ya para las próximas elecciones a rector”. 23 de xaneiro de 2002

CRTVG (Pasou o que pasou): “Toma de possesión de Domingo Docampo”. 2 de xuño de 2002.

La Voz de Galicia: “La Xunta ratifica la elección de Docampo como rector de Vigo”. 27 de maio de 2002.