Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo traballamos pola plena integración na vida universitaria do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo.

O centro conta con unha persoa responsable que actúa como enlace para o Programa de integración de universitarios/as con necesidades específicas de apoio educativo (PIUNE), coordinado pola Unidade de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo (UNATEN) da Universidade de Vigo.

Enlace PIUNE

Soledad Torres Guijarro

Teléfono
986 818 674

Despacho
A-403, EET