DAAT é unha asociación integrada exclusivamente por estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que ten como principais obxectivos a representación estudantil nos órganos de goberno do centro, a divulgación e organización de contidos/eventos culturais e aconsellar ao estudantado, que así o desexe, en calqueira ámbito da vida universitaria.

Formamos parte da Xunta da Escola, da Comisión Académica de Grao, das Comisións Académicas dos Mestrados de Enxeñaría de Telecomunicación e Ciberseguridade, da Comisión de Calidade e dos Consellos de Departamento.

CONTACTO:

Local C-103
[Primeira porta á dereita dende a entrada principal, fronte á Conserxería]

Teléfono:
986 812103