Día que se celebra o 4º xoves do mes de abril e que foi establecido no ano 2010 pola Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT), o organismo das Naciones Unidas especializado nas telecomunicacións. O seu obxectivo é fomentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas, así como reducir a fenda dixital de xénero. 

Celebramos este día cunha xornada dirixida a alumnado de primaria. Nesta xornada, que ten lugar no museo Verbum, as nenas e os nenos participan nun obradoiro de programación e robótica dirixido por alumnas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, coordinado pola persoa que actúa como enlace de Igualdade no centro. Esta actividade está patrocinada pola Cátedra Indra.

Queres máis información sobre esta xornada?

Contacta con nos!