Nace CES UVigo, asociación estudantil que constrúe unha embarcación propulsada a enerxía solar

O 29 de xaneiro de 2021 creouse a asociación CES UVigo (Clean  Energy  Ship) tras un ano de traballos e impulsos por parte de Francisco Pino, fundador de Marine Instruments, e da EET. 

En CES UVigo constrúen e melloran, de forma continuada, unha embarcación propulsada unicamente mediante enerxía solar. O obxectivo é fomentar o traballo multidisciplinar en enxeñaría, afrontando grandes retos e fomentando o uso de enerxías renovables, a fin de competir contra outras universidades en regatas internacionais.

Neste tempo, estudantes do CES UVigo seguiron o proceso de deseño e fabricación do casco (do que se encargou Seadrone), mentres traballaban na creación dos sistemas de axuda á navegación para conseguir que este barco tripulado poida competir nas mellores condicións.

O nome da asociación, Clean Energy Ship, fai un xogo que combinaría o compromiso entre enerxías renovables e o noso patrimonio cultural, agochando na pronuncia en inglés do nome, unha referencias ás Illas Cíes.


Fotografías do Equipo do CES UVigo (facer clic para ampliar)