1ª edición

Competición en UVigo e entrega de premios

Competición en UVigo

O día 26 de maio de 2023 tivemos a xornada de competición por equipos nas categorías de ESO e FP de forma presencial na EET: 11 equipos de ESO e máis 6 de FP foron seleccionados nos seus centros para competir nesta xornada que tivo dúas partes diferenciadas:

  • Unha primeira onde presentaron o seu traballo no Salón de Actos da EET
  • Unha segunda na que tiñan un stand habilitado para amosar como funcionaba e que calquera puidese experimentar co prototipo

Debaixo tes as fotos dos equipos que participaron, se premes nelas accederás ao vídeo que fixeron para presentar o seu proxecto:

Os equipos puxéronllo complicado ao xurado, composto por:

  • Representante de Indra: Javier Piñeiro Rodríguez, System and Solutions Senior Expert en Indra I&T
  • Representante de BorgWarner: Daniel Pérez, Supervisor de Procesos de Test e Automatización
  • Representante de Televés: Carlos Rodríguez Suáñez, Director Adxunto de Estratexia da Corporación
  • Representantes do equipo de dirección da EET: Laura Docío Fernández, Subdirectora de Difusión e Captación e Pedro Comesaña Alfaro, Subdirector de Organización Académica

Resultaron gañadores na categoría de equipos de ESO (patrocinada por Indra):

  1. IES Primeiro de Marzo (Coral Vázquez Sinde, Juan Martínez Rodríguez, Jaime Domínguez Trapero, Artai Suárez Pérez e Ana Gómez Cima. Docente: María Loureiro González)
  2. CPR Manuel Peleteiro (Carlota Fontela Cortizo e Laura Souto Bravo. Docente: Elena Poncela Blanco)
  3. IES de Pastoriza (Alicia Domínguez Martínez, Doaa Jabrane Messaoudi, Sergio Garrido Eiroa e Martín Paz Rabuñal. Docente: Francisco Javier Cal Orgeira)

Na categoría de equipos de FP (patrocinada por BorgWarner):

  1. CIFP A Farixa (Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Manuel Rodríguez Otero e Damián Cuquejo Fidalgo. Docente: Ricardo Ameijeiras Vázquez)
  2. CPR Daniel Castelao (Álex Fernández Martínez, Sergio Fernández Martínez, Nuria García Cobas e Íker Rodríguez Iglesias. Docente: Juan Vázquez Fariñas)
  3. IES Monte da Vila (Juan Cruz Dávila García, Eva María Otero Nazara, Ethan Vidal Redondo e Juan Antonio Rodiño Valladares. Docente: Pablo Gallego Falcón)

E, na categoría individual para estudantado de bacharelato (patrocinada por Televés):

  1. Xabier Garabato González (CPR Manuel Peleteiro. Docente: Elena Poncela Blanco)
  2. Rocío Fernández Álvarez (IES Ribera do Louro. Docente: Raquel Santaolalla)
  3. Noa Domínguez Seara (IES Ribera do Louro. Docente: Raquel Santaolalla)

Tés información sobre esta xornada aquí:

Varios medios fixeronse eco desta competición e dos seus resultados (El Progreso, Faro de Vigo, Atlántico Diario, Metropolitano e, outra vez, o Faro de Vigo).

Competición nacional

3 dos 8 premios nacionais por equipos foron para equipos clasificados en Teleco-Vigo

O día 29 de xuño de 2023 tivo lugar en formato online o acto de entrega de premios da competición nacional das Olimpíadas. O evento estivo organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e a Asociación Española de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (AEGITT), xunto coa Conferencia de Directores de Escuelas con Grados de Ingeniería en el Ámbito de Telecomunicación (CODIGAT), que aglutina a unha vintena de escolas universitarias como patrocinadoras e colaboradoras.

Nesta última fase das Olimpíadas os equipos presentaron e defenderon os seus proxectos ante un tribunal formado por docentes universitarios. O xurado destacou a creatividade e innovación dos proxectos presentados por cerca dun millar de estudantes inscritos.

Entre os proxectos galardoados os participantes idearon e desenvolveron proxectos innovadores como coches eléctricos que recompilan datos para controlar a contaminación; un sistema de rego automático que mide a temperatura, humidade e chuvia; un control intelixente para tanques de tormentas; e dispositivos de teleasistencia asequibles.

A competición foi todo un éxito cumprindo con creces os seus propósitos.

Tres dos equipos galardoados nesta fase final foron galegos e clasificáranse na fase local que acolleu a EET:

  • Na categoría de equipos de ESO:
    • Premio ‘Proposta máis orixinal’ para o equipo do CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela: Carlota Fontela Cortizo, Laura Souto Bravo. Docente: Elena Poncela
    • Premio ‘Proposta máis aliñada co ODS 11’ para o  equipo do IES Primeiro de Marzo – Baiona (Pontevedra): Coral Vázquez Sinde, Juan Martínez Rodríguez, Jaime Domínguez Trapero, Artai Suárez Pérez, Ana Gómez Cima. Docente: Maria Loureiro
  • Na categoría de FP:
    • Premio ‘Proposta máis orixinal’ para o equipo do  CIFP A Farixa – Ourense : Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Manuel Rodríguez Otero, Damián Cuquejo Fidalgo. Docente: Ricardo Ameijeiras

Parabéns a todos os participantes e premiados!

Premiados

Resultaron gañadores na categoría de equipos de ESO:

  1. Mellor proposta técnica: IES Alqaceres – Cáceres (Daniel García Carretero, Rubén Gutiérrez Barroso, Maram Hadj Cherif. Docente: Carmen Sánchez-Seco)
  2. Proposta máis orixinal: CPR Manuel Peleteiro – Santiago de Compostela (Carlota Fontela Cortizo, Laura Souto Bravo. Docente: Elena Poncela)
  3. Proposta máis aliñada co ODS 11: IES Primeiro de Marzo – Baiona, Pontevedra (Coral Vázquez Sinde, Juan Martínez Rodríguez, Jaime Domínguez Trapero, Artai Suárez Pérez, Ana Gómez Cima. Docente: Maria Loureiro)
  4. Mellor comunicación e exposición do traballo: IES Valentín Turienzo – Colindres, Cantabria (Maialen Delgado Martín, Íñigo Díez Sarabia, Jon Moisés Reguero García, Diego Lombera Bustillo, Darío Santiuste Andechega. Docente: Miriam Guerra)

Na categoría de equipos de FP, os gañadores foron:

  1. Mellor proposta técnica: Comenius Centre Educatiu – Valencia (Héctor Navarro Domínguez, Sergio Martínez Egido, Elias Torregrosa Navarro, Vito Bossio Lamarca, Miguel Aparicio Clemente. Docentes: Ricardo Ortega, Fran Castaño)
  2. Proposta máis orixinal: CIFP A Farixa – Ourense (Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Manuel Rodríguez Otero, Damián Cuquejo Fidalgo. Docente: Ricardo Ameijeiras)
  3. Proposta máis aliñada co ODS 11: IES Valle del Jerte – Plasencia, Cáceres (Alejandro López Cárcel, Moisés Muñoz Sánchez, Eduardo Neila Calzado. Docente: Fréderic Sánchez)
  4. Mellor comunicación e exposición do traballo: IES Vega de San Mateo – Vega de San Mateo, Las Palmas (Nelson Francisco Vega Cabrera, María Teresa Van Geldorp López. Docente: Javier Gutiérrez, Daniel Diego)

E, na categoría individual para estudantado de bacharelato:

  1. Néstor Cordero Sánchez (IES Ramiro de Maetzu – Madrid. Docente: Silvia Jiménez)
  2. Sebastián de la Torre Gil-Delgado (Nuestra Señora de la Victoria – Maristas, Málaga. Docente: Pablo Bayo)
  3. Domingo Pujante López de Ochoa (IES Miguel de Cervantes – Murcia. Docente: Mónica Jódar)