Nunha dobre titulación cursarás parte da túa titulación na Universidade de Vigo e parte nunha segunda universidade. Isto permitirá que consigas ambos os dous títulos

Para a consecución dun dobre título requírese un convenio entre ambas institucións: a Universidade de Vigo como universidade de orixe e máis a universidade receptora.

Convenios activos

Na actualidade na EET temos os seguintes convenios:

Grao

HTW SAAR
University of Applied Sciences
School of Engineering Sciences Hochschule für Technik und Wirtschaft des Saarlandes
ALEMAÑA

Este convenio establece un acordo de dobre titulación para estudantes de grao que cumpran estes requisitos:

  • Precísase ter superados os 180 ECTS dos tres primeiros cursos académicos do GETT
  • Precísase facer unha estancia de un curso académico (equivalente do 4º do GETT) nesta institución
  • É preciso matricularse na universidade destino de todas as materias especificadas no convenio

Mestrado

HCMUT
Ho Chi Minh City University of Technology
VIETNAM

Este convenio establece un acordo de dobre titulación para estudantes de mestrado (Mestrado Interuniversitario en Ciberseguridade, MUniCS), que obterán a titulación Master of Science in Data & System Security expedida por HCMUT.

  • Precísase cursar en HCMUT un total de 30 ECTS, especificados nas materias do acordo de estudos
  • Precísase cursar en UVIGO 60 ECTS en MUniCS
  • Só poderán acollerse a este convenio 2 estudantes por cada curso académico.

Para dúbidas ou máis información

Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Tecomunicación


teleco.subdir.internacional@uvigo.es