Celébranse na Escola as 1ª Xornadas Fundación Vodafone sobre eAccesibilidade

Unha das sesións das Xornadas

Baixo o lema “Promovendo a autonomía persoal”, a primeira edición destas xornadas tiña por obxectivo proporcionar un contacto directo entre colectivos de persoas con necesidades específicas e especialistas en enxeñaría e tecnoloxía que traballasen no desenvolvemento de procesos, sistemas ou aparatos que axudasen a mitigar as barreiras de acceso ao dixital para quen o precisase. Cunha asistencia de máis de 85 persoas, e relatorios por parte de destacados investigadores e asociacións punteiras do ámbito, foi unha oportunidade de remarcar a influencia que as TIC teñen na sociedade. O éxito acadado permitiu celebrar una segunda edición, tamén na EET, no ano 2011.

Cartel das Xornadas
Nova en La Voz de Galicia

Nova en Diario de Pontevedra