O acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na nosa Escola é directo e sinxelo, de feito unha gran porcentaxe do estudantado compaxina –especialmente durante o mestrado– a formación académica na EET coa actividade laboral nunha empresa.

Sesión de speed job dating nunha das edicións do Foro Tecnolóxico de Emprego

No proxecto orientaTE destaca a oferta de actividades formativas transversáis e de achegamento do estudantado ao tecido empresarial do sector (visitas, charlas, obradoiros etc.)

Para recibires información de ofertas de emprego relacionadas coa túa formación na EET, subscríbete á lista de distribución teleco-emprego.

A Universidade de Vigo conta con unha unidade de xestión específica, a Área de Emprego e Emprendemento, que ten como obxectivo facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas.