Realizar o traballo fin de titulación (grao e/ou máster) nunha empresa é unha opción moi valorada polo estudantado do noso centro. Poderse achegar á práctica profesional desde un punto formativo, guiado tanto por profesionais do sector como por docentes da EET supón un plus dentro do seu percorrido educativo.

Como pode unha empresa ofertar TFG/TFM?

Para poder formalizar a realización dun traballo de fin de grao (TFG) ou un traballo de fin de máster (TFM) nunha empresa é preciso seguir os seguintes pasos:

  1. Definir unha liña formativa coa entidade, suficiente para cada traballo fin de titulación. No caso do TFG do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación a equivalencia sería de 12 ECTS (300 horas). No caso do TFM do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación a equivalencia sería de 30 ECTS (750 horas) e no caso do TFM do Máster Interuniversitario de CiberSeguridade a equivalencia sería de 15 ECTS (375 horas).
  2. Contactar coa EET –máis información abaixo– e localizar persoal docente que colabore no seguimento formativo e para integrar esta oferta co resto das ofertas do centro
  3. Para que a oferta da empresa poida ser difundida entre o estudantado da EET en tempo e forma, é preciso que chegue a solicitude antes do 15 de outubro de cada curso académico no caso do TFG do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e do TFM do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. De tratarse do Máster Interuniversitario en CiberSeguridade a data límite é o 30 de xullo.

Como formalizar a asignación dun TFG/TFM?

Finalmente, se a oferta é escollida por algún/ha estudante do centro, será preciso dispor dun convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo que conte cun anexo para a formalización do traballo acordado.

Facendo clic no botón de abaixo temos máis información sobre o modelo de convenio entre unha empresa e a Universidade de Vigo en relación á realización de Traballos Fin de Titulación (TFGs/TFMs).

Pódese consultar a listaxe de convenios en vigor premendo neste outro botón

A túa entidade quere ofertar TFGs/TFMs?

Se unha empresa ou institución está interesada en colaborar coa Escola ofertando liñas de traballo para TFG ou TFM, contactar coa Coordinación de traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) no correo electrónico
teleco.tfg.tfm@uvigo.es