A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación pode facer reservas e préstamo de espazos e materiais, sempre en consonancia coa normativa ao respecto e sempre polos medios que se indican máis abaixo.

A EET dispón dunha aplicación para a reserva de espazos do centro. A aplicación permite á comunidade da Escola consultar as características e dispoñibilidade dos diferentes espazos, buscar aqueles que mellor se axusten ás necesidades (capacidade, número de PCs, conexión a Internet, videoconferencia, acceso a persoas con mobilidade reducida, etc.), facer reservas a través de Internet e visualizar as xa existentes.

Por outra parte, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dispón dun formulario web para o préstamo de computadores portátiles especialmente orientado a estudantado que das materias no programa piloto BYOD (Bring Your Own Device)

A EET ten unha normativa de préstamo de material tanto para persoal da Escola como para entidades externas que se pode consultar aquí

Como norma xeral, as actividades na Escola deben realizarse dentro dos horarios de apertura e peche determinados pola Universidade de Vigo e a propia Escola. Non obstante, a natureza propia das actividades de investigación pode facer necesario o acceso ao Centro e a utilización dos seus recursos fora de tales intervalos. Nestes casos, a Dirección da Escola poderá autorizar o uso de medios específicos para acceder ao Centro e ás distintas dependencias. En concreto, para acceder á Escola deberá activarse para tal fin a tarxeta universitaria, e para acceder a ubicacións con lector biométrico deberá darse de alta ao/á usuario/a no sistema correspondente.