O plan orientaTE pretende establecer unha estratexia única de mellora da orientación do estudantado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación tanto nos pasos a dar na súa traxectoria académica como na posterior inserción no mundo laboral.

Facendo clic no seguinte botón podes atopar a descrición detallada do programa orientaTE

Na planificación de orientaTE inclúense, polo tanto, actividades formativas complementarias como poden ser:

  • Visitas a institucións e empresas que teñan interese formativo
  • Charlas de persoas expertas do mundo profesional sobre aspectos técnicos e/ou relevantes para a formación transversal do estudantado (soft-skills)
  • Obradoiros sobre temas específicos impartidos por especialistas
  • Retos coma Hackatóns ou Capture the flag
  • … e outras iniciativas similares

Se unha empresa ou institución está interesada en colaborar coa EET ofertando actividades nas liñas previamente mencionadas, o camiño adecuado é contactar coa Coordinación do Plan de Acción Titorial no correo electrónico teleco.pat@uvigo.es.