Chegou o momento de escoller. Queres ter unha profesión con proxección actual, pero con todo o futuro; queres sumar a túa imaxinación ao rigor científico co que te formarás; queres rematar o grao e aprender e traballar no mundo real, facelo axiña e facelo ben… Queres o mundo e tes todo o dereito. Nós cremos que a túa mellor escolla é a nosa Escola e imos darche as razóns da nosa seguridade. Sabemos que serás teleco na EET de UVigo…

… porque temos unha exitosa experiencia formativa
Levamos máis de trinta anos formando profesionais en telecomunicacións

… porque atoparás un traballo cualificado axiña
Segundo as últimas enquisas, o 95% das persoas egresadas está traballando no seu e o tempo medio para atopar o primeiro traballo foi inferior aos 4 meses. De feito, a maior parte do estudantado de últimos cursos de grao e de mestrado está traballando a tempo parcial en empresas do sector ou ben na investigación na propia Escola.

… porque aprenderás practicando

Ofrecemos titulacións eminentemente prácticas con grupos reducidos nos laboratorios, dotados de instalacións punteiras

… porque farás prácticas das que pagan a pena
Podes facer prácticas en empresas do sector nalgunha das máis de 170 coas que temos convenio de colaboración. Estas prácticas, maioritariamente remuneradas, son recoñecidas na túa formación de grao e mestrado.

… porque atoparás estudantes con iniciativa, coma ti
Comparte cos teus compañeiros e compañeiras inquedanzas e intereses nas diferentes asociacións estudantís que patrocina a EET e así, complementarás a túa formación e aplicarás os teus coñecementos en retos extraordinarios.

… porque estudando aquí, o mundo é teu!
Os acordos ERASMUS permitíranche estudar noutras Universidades europeas. Pero tamén temos proxectos específicos de mobilidade con Universidades de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior, como en Exipto, Xordania ou Vietnam.

As persoas que formamos na Escola son altamente demandadas en calquera parte do mundo. A continuación un par de testemuños de profesionais que se formaron aquí e que decidiron traballar fóra do país.

… e porque somos pioneiros en:

  • implantar un Plan de Mentorización, onde estudantes mentores/as pódenche guiar e apoiar ao longo do teu primeiro curso na EET,
  • contar con un Plan de orientación (orientaTE) para que teñas formación complementaria e transversal durante a túa estancia na EET,
  • implantar do Curso Cero, que che axudará no comezo.
  • ter asociacións, patrocinadas pola EET, coas que colaborar en ámbitos tan interesantes para a túa formación e o teu ocio como as que traballan na construción dun barco movido por enerxía solar, lanzamento de pequenos satélites etc.
  • ser un centro comprometido coa diversidade e a igualdade con accións específicas durante todo o curso académico.
  • somos unha escola na que se es técnico ou técnica de formación profesional superior poderás validar hasta 12 ECTS polo teu traballo anterior e experiencia profesional relacionada coa titulación.
  • planificar que no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, nos dous primeiros cursos aprendas os principios das telecomunicacións e que nos dous seguintes te especialices. Así elixes a túa mención (especialidade) cando sabes máis sobre os seus contidos. Ademais, podes facer dúas mencións simultaneamente cursando só 3 materias a maiores máis dunha especialidade no teu título universitario.

Queres desenvolver novas tecnoloxías e aplicacións que dean solución tecnolóxica
aos principais desafíos sociais e industriais do futuro?

Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo imos facelo.

Ven!