O día 10 de maio celebramos o acto de presentación desta rede de traballo, que tivo lugar no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo.

Neste acto, aberto polo Reitor da UVIGO e no que participou a Directora da EET Rebeca P. Díaz Redondo, interviñeron tres persoas en representación do conxunto de empresas mecenas de conexiónTeleco:

  • Dna. Ruth Escarda Iglesias, Technical Manager en Indra T&D e Responsable da Oficina de Indra en Vigo
  • D. Telmo Calle, Director del Centro Técnico en Electrónica de BorgWarner
  • D. Roberto Pérez González, Socio consultor, Optare Solutions

As súas declaracións foron recollidas pola prensa. O resumo desta xornada pódese atopar na seguinte ligazón:

O vídeo completo (duración aproximada de 18 min.) pódese visualizar na nosa canle de YouTube, no seguinte enlace: