A EET volve a liderar un proxecto EMundus Action 2: Green-Tech-WB

Imaxe de grupo do consorcio

Baixo a coordinación da nosa compañeira Ana Fernández Vilas botou a andar o proxecto Green-Tech-WB: Smart and Green technologies for innovative and sustainCable societies in Western Balkans, financiado pola Unión Europea, baixo a convocatoria Erasmus Mundus and External Cooperation, action 2, promovida pola EACEA (Education, Audiovisual and Culture Executive Agency).

Este foi o segundo e último proxecto desta convocatoria coordinado dende a Universidade de Vigo (o primeiro tamén foi promovido pola Escola). Cun orzamento de cerca de tres millóns de euros, un consorcio de 20 universidades (8 europeas e 12 dos Balcáns Occidentais) e unha duración de catro anos, centrouse na formación en educación superior no ámbito das tecnoloxías verdes. As 154 mobilidades (estudantes, docentes e investigadoras) xestionadas durante este proxecto permitiron mellorar a capacitación de estudantes de doutoramento, post-doutoramento e persoal investigador, fomentando a definición de novas iniciativas dentro desta convocatoria nos seguintes anos.