José María Pousada Carballo, novo director da Escola

Foi director da EET desde marzo do 2003 ata febreiro de 2009. Previamente fora subdirector cos directores José Santos e Antonio Pena.

Os eventos máis destacables desta etapa foron a finalización da segunda fase do edificio, a implantación das 3 titulacións de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación e a incorporación dos sistemas de garantía de calidade do ensino e traballos previos para a adaptación das titulacións ao Espazo Europeo de Educación Superior, en especial a participación como parte do comité executivo que elaborou o Libro Branco das Telecomunicacións.

Dende o punto de vista docente consolidáronse a impartición do curso 0 para alumnos de novo ingreso e o ciclo formativo de orientación profesional “Exercer a Profesión de Enxeñeiro” para estudantes de último curso.

No referente á investigación, déronse coñecer as capacidades investigadoras da Escola con actividades como editar un libro anual cos resumos de todos os PFC lidos durante o mesmo ou editando o libro “20 anos de Telecomunicación en Galicia”, aproveitando a celebración do 20º aniversario da creación da Escola, que se difundiron entre empresas e institucións galegas.