Conscientes de que non sempre é sinxelo vir visitarnos á Escola, temos varias opcións nas que nos desplazamos ao voso centro para falar co estudantado.

Envío de folletos informativos

Enviamos un e-dossier (PDF) e dípticos descritivos (PDF) a todos os centros educativos galegos pre-universitarios onde damos a coñecer as titulacións do noso centro, as actividades que facemos no ámbito da investigación e testemuñas de estudiantes e persoas egresadas sobre a vida na EET.

Charlas divulgativas

Nestas fichas de presentación de 15 charlas divulgativas que impartimos en centros pre-universitarios (PDF) pódense ver as temáticas que tratamos, tales como o 5G, o funcionamento dun dron, a seguridade en dispositivos móbeis, matemáticas nas telecomunicacións, Internet das cousas (IoT) ou Big data. Adaptamos cada charla segundo ao nivel académico da audiencia para que podan entender mellor os aspectos relacionados cos estudios que ofertamos, espertando o interese desde idades temperás cara a posibles estudos técnicos. Podemos impartilas online ou presencialmente.

Presentación das titulacións

Periodicamente, e de forma coordinada cos centros educativos, organizamos visitas para dar a coñecer os estudos de grao que ofertamos. Nelas, estudantes de últimos cursos, acompañados dun/ha docente do centro, informan sobre a vida na EET, o exercicio da profesión, a elevada inserción laboral, as asociacións estudantís nas que se involucra o alumnado do centro etc.

Visibilización da muller no ámbito das Telecomunicacións

A través do programa inspiraSTEAM, varias docentes da nosa escola colaboran na visibilización das mulleres nas profesións STEAM, no ámbito das Telecomunicacións en particular. A través de 6 sesións de mentorización orientadas a estudantes de último curso de educación primaria, realízanse talleres e charlas que tratan de solventar a brecha de xénero que existe no ámbito STEAM.

Participación no programa STEMbach

A EET oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia, no marco do programa STEMbach. Tamén podes atopar, organizados por bienios, os proxectos propostos pola EET. Estes proxectos permiten ao estudantado do STEMBach desenvolver un proxecto relacionado con traballos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico que fan docentes da EET, favorecendo así a adquisición de competencias STEM e espertando o seu interese polas titulacións impartidas no Centro.

Charlas informativas dirixidas a profesorado e equipos de orientación de educación secundaria.

Na Escola consideramos de gran relevancia que o profesorado e os equipos de orientación secundaria teñan información actualizada, fiable e de primeira man sobre as titulacións que ofertamos. Normalmente estas charlas son organizadas nas Delegacións de Educación de cada provincia, aínda que tamén facemos charlas específicas nos centros que así o requiran.

Ven visitarnos!

Contacta coa Subdirección de Difusión e Captación neste correo:
teleco.subdir.captacion@uvigo.gal