As enxeñairas e os enxeñeiros de Teleco son profesionais multidisciplinares e versátiles, grazas á sólida formación que reciben en ámbitos de coñecemento clave no sector das Tecnoloxías de Telecomunicación e mais no das Tecnoloxías da Información e Comunicacións como o son as matemáticas, a física, a programación, a electrónica, o procesamento de sinais, o deseño de sistemas de redes e servizos de comunicación etc.

Esta formación permítelles adaptarse aos rápidos e continuos cambios tecnolóxicos que está a traer consigo a denominada “transformación dixital”.

Traballamos en calquera ámbito ou sector que requira profesionais con amplos coñecementos nas tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento dos sistemas e servizos de telecomunicación actuais e do futuro.

Desenvolvemos e usamos tecnoloxías punteiras en ámbitos coma os seguintes: Intelixencia Artificial, Machine Learning, Big Data, Cloud/Fog/Mist Computing, Ciberseguridade, Realidade Aumentada, Tecnoloxías Multimedia , Internet of Things, Criptografía e comunicacións cuánticas, Tecnoloxías Electrónicas, Redes de sensorización, Vehículos autónomos (drons, entre outros) etc.

Se queres coñecer de primeira man en que traballan as persoas egresadas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, tes a continuación unha lista de reprodución con pequenos vídeos (uns dous minutos de duración cada unha), nos que estudantes da EET que remataron os seus estudos comparten contigo os sector no que están a traballar: