Para obter o título de MQIST é necesario superar 60 créditos ECTS que se dividen en:

  • 15 obrigatorios,
  • 27 optativos,
  • 3 de prácticas externas obrigatorias
  • 15 de Traballo de Fin de Máster.

Todas as materias son de 3 créditos ECTS

O plan de estudos do máster MQIST non contempla especialidades ou mencións, polo que o nome do título que se obtén é único. Máis aló das materias obrigatorias, cada estudante é libre de configurar o seu propio currículo.

Con todo, a modo orientador, agrupáronse certas materias para configurar tres itinerarios de elección totalmente voluntaria. O seu seguimento non terá reflexo no Título de Máster, pero si que figurará no Suplemento Europeo ao Título. Os módulos asociados aos devanditos itinerarios son:

  • Computación Cuántica
  • Comunicacións Cuánticas
  • Física da Información Cuántica

Para completar un itinerario e recibir a correspondente mención, o alumno terá que cursar os 15 créditos optativos do módulo correspondente e completar con calquera outra materia optativa.

Materias por módulo

Módulo  Asignaturas ECTS Carácter Semestre
Obrigatorio Mecánica Cuántica I 3 Obrigatorio 1
Mecánica Cuántica II 3 Obrigatorio 1
Fundamentos de Información Cuántica 3 Obrigatorio 1
Introdución á Computación Cuántica 3 Obrigatorio 1
Fundamentos de Comunicacións Cuánticas 3 Obrigatorio 1
Computación Cuántica Ferramentas de Computación Cuántica 3 Optativo 1
Programación e Interpretación de Algoritmos Cuánticos 3 Optativo 1
Computación Cuántica e Aprendizaxe Máquina 3 Optativo 1
Computación Cuántica e Computación de Altas Prestacións 3 Optativo 2
Aplicacións Prácticas da Computación Cuántica 3 Optativo 2
Comunicacións Cuánticas Teoría da Información Cuántica Avanzada 3 Optativo 1
Tecnoloxías Fotónicas para Comunicacións Cuánticas 3 Optativo 1
Comunicacións Cuánticas Avanzadas 3 Optativo 1
Códigos de Corrección de Erros 3 Optativo 2
Redes de Comunicacións Cuánticas 3 Optativo 2
Física da Información Cuántica Óptica Cuántica 3 Optativo 1
Sistemas Físicos para a Información Cuántica 3 Optativo 1
Materiais Cuánticos 3 Optativo 2
Sistemas Abertos e Termodinámica Cuántica 3 Optativo 2
Metroloxía Sensores Cuánticos 3 Optativo 2
Optativas Comúns Métodos Numéricos en Computación Cuántica 3 Optativo 1
Arquitecturas da Computación Cuántica 3 Optativo 1
Mecánica Cuántica Avanzada 3 Optativo 1
Técnicas Experimentais para a Información Cuántica 3 Optativo 1
Sistemas Cuánticos Baseados en Regras 3 Optativo 2
Fotónica de Semiconductores 3 Optativo 2
Laboratorio de Comunicacións Cuánticas 3 Optativo 2
Comunicacións Cuánticas Vía Satélite 3 Optativo 2
Prácticas Externas II 3 Optativo 2
Prácticas e Traballo de Fin de Máster Prácticas Externas I 3 Prácticas externas 2
Traballo de fin de máster 15 Traballo de fin de máster 2

Guías docentes

Podes acceder ás guías docentes de cada materia facendo clic neste botón: