
Se aínda non es estudante da EET…
A Escola de Enxañería de Telecomunicación leva a cabo varias iniciativas para informar e divulgar sobre as titulacións do centro tanto nos propios centros educativos pre-universitarios coma nas propias instalacións da EET.
Tés máis información en Imos ao teu centro e en Ven á EET.
Se acabas de facer a túa matrícula en 1º do grao para o curso 2022/23…
Recorda que o luns día 5 de setembro teremos as sesións de benvida: unha ás 9.00 e outra ás 11.00. Nelas saberás máis sobre o día a día na Escola, información sobre o curso 0, os cursos de inglés (diferentes nivéis) que o Centro de Linguas imparte no centro, o Plan de Acción Titorial e outras actividades deseñadas para ti.
Ademáis, a Delegación de Estudantado da EET participa nesta xornada, con algunhas actividades lúdicas para ti.
Recibirás a fináis de agosto un correo con información detallada sobre esta sesión no email que indiques cando formalices a matrícula.
Se xa es estudante da EET…
Na EET asesoramos a todo o estudantado durante a súa estancia con nós, tanto nas opcións laborais, coma nas opcións de continuidade de estudos. Para iso, temos o plan de centro orientaTE.
Ao estudantado de primeiro curso de grao, atendémolo especialmente co noso programa de mentorización MEET-Teleco no que participan docentes e estudantes de cursos superiores.
Non esquezas que non é todo estudar, que tamén tés a opción de unirte a asociacións de estudantado soportadas e co-financiadas pola EET. En especial, recomendamos que acudas á DAAT, a delegación de estudantado da EET.
Finalmente, a UVigo ten ferramentas e servizos para axudar ao estudantado en cada unha das etapas. Para mais información podes visitar o apartado Asesorámoste.
Máis información e outros casos
A UVigo ofrece información e orientación ao estudantado de novo ingreso na súa páxina web dentro dos seguintes apartados:
No apartado “Que Estudar: Graos” figura a información básica da oferta por curso académico dos títulos de Grao da Universidade de Vigo e no apartado “Que Estudar: Mestrados” figura a información básica da oferta por curso académico dos títulos de Máster da Universidade de Vigo.
Ademais, unha vez que un/ha estudante accede á descrición dun grao ou dun mestrado, figura unha ligazón ao apartado “Matricula graos” ou “Matrícula mestrados”, segundo corresponda, que contén información actualizada en relación ao procedemento administrativo de preinscrición e matrícula para o curso académico correspondente.
Estudantes internacionais
No apartado Estudantes Internacionais (International incoming students) atópase información practica para estudantes extranxeiros que desexen cursar estudos na Universidade de Vigo no marco dun programa de intercambio ou dun convenio de cooperación internacional, ou ben como estudantes visitantes estranxeiros, durante un cuadrimestre ou un curso académico completo.
Estudantes con necesidades específicas de apoio educativo
A Universidade de Vigo proporciona o programa PIUNE (Programa de integración de universitarios con necesidades especificas de apoio educativo) xestionado pola UNATEN (Unidade de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo). Tés información sobre o soporte que ofrece a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nesta ligazón
É importante saber que os/as estudantes deben inscribirse no PIUNE no momento no que formalicen a súa matricula nos estudos oficiais na Universidade de Vigo, aínda que existe a opción de facelo posteriormente.