A Escola cambia de nome

O 15 de febreiro de 2011 o noso centro cambia o nome, deixando de ser a “Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación” e pasa a denominarse “Escola de Enxeñaría de Telecomunicación”.

Este cambio é relevante porque o centro pasa a ser unha Escola que acolle tanto ás mulleres –fixémonos na denominación inclusiva– como tamén a formacións académicas diversas relacionadas coas telecomunicacións e non exclusivamente a enxeñeiros/as. De feito, actualmente na EET ofertamos titulacións afíns, como o Máster Interuniversitario en Ciberseguridade, Máster en Matemática Industrial e o Máster Internacional en Visión por Computador.

Entrada anterior ao cambio de denominación