Mestrado universitario en Enxeñaría de Telecomunicación (MET)

A Mención Dual do MET está pensada para que os estudantes fagan parte da súa formación en empresas colaboradoras.

As materias que se ofertarán dentro da Mención Dual son as seguintes:

  • Prácticas en empresa (5 ECTS)
  • Xestión de proxectos de Telecomunicación I (5 ECTS)
  • Xestión de proxectos de Telecomunicación II (5 ECTS)
  • Traballo Fin de Máster (TFM) (10 ECTS)

Todas elas ofértanse no terceiro cuadrimestre (segundo curso académico) e supoñen un total de 25 ECTS, un 27,8 % dos créditos da titulación (90 ECTS). De forma xeral, proponse unha modalidade parcial, permitindo a cada estudante asistir un ou dous días á semana ás clases das outras materias do MET.

A planificación concreta do horario establecerase, tal e como se indica no DOG do 17 de xaneiro de 2024, no convenio específico que debe asinar cada estudante.

Calquera estudante que estea matriculado no máster e que aínda non se matriculase de ningunha das materias previamente mencionadas pode optar á Mención Dual.

Normativa da Mención Dual


Oferta de prazas