O Máster Internacional e Interuniversitario en Visión por Computador bota a andar

O imcv iniciou a súa andaina en setembro de 2020 tras un convenio das tres universidades galegas coa Universidade de Porto. A docencia, toda en inglés, impártese de forma presencial e por video-conferencia.

Este mestrado está orientado a adquirir competencias nun campo de coñecemento con aplicabilidade en moitos sectores: saúde (imaxe médica, diagnose), seguridade (videovixilancia, biometría), procesos industriais (monitoraxe, control de calidade), robótica (industria, asistencia), catalogación de contidos (audiovisual,  metadatado) etc.  

Ademais das técnicas clásicas de Visión por Computador, estúdanse e practícanse técnicas de aprendizaxe profunda fortemente ligadas á Intelixencia Artificial. As persoas graduadas en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicacións non terá dificultade en cursar este máster, adquirindo un complemento formativo que abre portas a postos de traballo en áreas que non están directamente ligadas ás telecomunicacións pero que teñen un gran potencial de crecemento.